Novas

O Concello de Ourense desbloquea máis de medio millón de euros en axudas sociais

Ourense, 16 de xullo de 2015.-
A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá ven de aprobar a contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do proxecto de acondicionamento e posta en valor de camiños do perímetro rural no Concello de Ourense.
Esta actuación será adxudicada á empresa Desmaco S.L. por un importe de 68.391,05 euros, o que supón unha rebaixa do 24,18% con respecto ao investimento inicial, de 90.201 euros. A contratación destas obras, permitirá mellorar o estado de catro camiños cuxo firme, asfáltico ou de formigón atópase en mal estado polo deterioro. A intervención executarase no camiño que comunica as localidades de Palmés e Naves, os accesos a Cerdenao, o camiño Abelaira-O Castro e o Camiño de Abeleda.
Tamén se acordou a aprobación inicial do proxecto de urbanización do ámbito número 1 da área de reparto 43-O "Remedios I", na zona do próximo centro de saúde, redactado pola adxudicataria E.I.C. Durán S.L., cun orzamento de execución material de 700.000 euros. Ligado a este asunto, se acordou neste punto remitir a informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil este proxecto aos efectos previstos na normativa de augas e planificación hidrolóxica.
No eido social, a Xunta de Goberno Local acordou solicitar á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia colabore na financiación dos servizos comunitarios prestados no albergue de transeúntes, así como dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal (Axuda no Fogar e xestión de programas).
 O goberno municipal desbloquea máis de medio millón de euros en axudas sociais Por outra banda, e xa fóra das cuestións que o goberno municipal abordou en Xunta de Goberno Local, o Concello de Ourense ven de desbloquear 545.173,53€ euros en axudas sociais.
Esta semana resolvéronse o pendente de pago das axudas a entidades sen lucro do ano 2014, cun importe de 264.379,63€ (entidades de axuda e emerxencia social, tratamento de enfermedades, drogadiccións e outras adiccións). Tamén o goberno municipal acaba de resolver a subvención anual do presente ano, a favor de 25 entidades sociais cunha unha axuda total de 280.794,53 euros O Concello de Ourense considera prioritario o apoio ás entidades sociais da cidade, polo que neste mes de xullo desbloqueou un total de 545.173,53 euros en axudas destinadas ao ámbito social e asistencial. Deste importe total, 264.379 euros corresponden ás axudas de 2014, pendentes de pago as entidades sen lucro, e que tras diversas reunión estos días cos beneficiarios para a cumplimentación da documentación, foi resolta administrativamente esta semana.
No que respecta ás axudas deste exercicio económico, o goberno municipal ven de resolver a favor de 25 entidades sociais unha axuda total de 280.794,53 euros en subvencións. As bases aprobadas o pasado 12 de marzo para regular estas subvencións teñen por obxecto dar resposta ás demandas sociais e fomentar as actividades das entidades sen ánimo de lucro, dentro do municipio de Ourense.
 As actividades deberán ir dirixidas de forma prioritaria a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social. Son obxecto destas subvencións programas, proxectos ou accións que teñan por finalidade o fomento de actividades de utilidade pública e interese social ou de promoción social, que cumplan os requisitos das bases. Considéranse gastos subvencionables os gastos directos de funcionamento da entidade necesario para o desenvolvemento das actividades obxecto da subvención (persoal, gastos correntes, etc.), así como os gastos indirectos relacionados co cumprimento das actividades obxecto da subvención (aluguer, gastos de auga, luz, etc.).

Ningún comentario:

Publicar un comentario