Quen Somos


Dende Movéndonos en Ourense;en canto a dinamización comunitaria o noso grupo traballa para fomentar e reforzar o sentimento de comunidade, como base para mellorar a realidade que nos rodea e promover accións encamiñadas a previr e superar as desvantaxes (sociais, culturais...) que afectan a distintos sectores da poboación.

  • Buscamos poñer en valor a rúa como espazo educativo, de encontro e coñecemento entre persoas, e promovemos a participación social como elemento clave para o desenvolvemento das persoas e así acadar comunidades máis xustas.

  • Para iso, propoñemonos xerar espazos de formación e reflexión (tanto internos para a mellora das nosas prácticas; como externos para o intercambio de experiencias e coñecementos) e desenvolver actividades de animación cultural, de ocio e tempo libre ou de convivencia nas que poidamos encontrarnos e comezar a construír xuntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario